O reto

O reto é un exercicio de programación curto (uns 30 minutos) que se propón o principio do mes (de Outubro a Maio, inclusive).

Se queres participar pero tes dubidas, contacta no canal #reto no Slack da VigoTech Alliance e terás axuda da organización.

Normas

  • O reto pódese resolver en calquera linguaxe ou forma. A finalidade é didáctica, non competitiva.

  • As solucións se enviarán en formato Pull Request o repositorio do VigoTech. O código fonte estará dentro dunha nova carpeta de nome o login de github do usuario que presenta a solución e dentro da carpeta onde se atopa o reto.

  • O README do repo actualizaráse cas novas PRs para que sexa doado revisalas.

  • Todas as PRs se poñerán en master unha vez rematado o reto.

¡Anímate!

Visita https://github.com/vigotech/reto